
Atendendo aos resultados da fase anterior dedúcese directamente esta fase, na que se trata de seleccionar as accións e medidas de adaptación entre as diferentes opcións e alternativas identificadas previamente.
Obxectivos
• Establecer criterios de selección de medidas adecuados á nosa realidade municipal.
• Identificar métodos apropiados para a priorización de alternativas de adaptación.
• Seleccionar as medidas máis eficientes e oportunas para responder as necesidades de adaptación e prioridades do municipio.
Paso 1: Priorización das medidas de adaptación.
• Definición
de criterios de priorización das opcións de adaptación
identificadas e preseleccionadas na fase anterior. Estes criterios
poden estar relacionados entre outros co cociente custo- benefcio, a
complexidade e necesidade de apoio externo, as competencias
municipais, o vínculo e sinerxias con políticas e plans en curso, a
dispoñibilidade de recursos humanos e fnancieros propios ou
externos, a multifuncionalidad e co- beneficios, etc.
• Os
métodos máis utilizados nun marco de análise económica son o
Análise Custo Beneficio ( Cost- Beneft Analysis, CBA) e o Análise
Custo-Efectividade ( Cost- Effectiveness Analysis, CEA)
• Cando
se opta por que as dimensións da toma de decisión transcenda dos
aspectos económicos, o instrumento máis utilizado é a Análise
Multicriterio ( Multi- Criteria Analysis, MCA), que ten unha maior
capacidade para incorporar aspectos non económicos na análise.
• Outros
métodos de priorización de medidas están orientados á xestión da
incerteza, tales como: Toma de Decisións Robustas ( Robust
Decision Making, RDM) ou o enfoque de Xestión Adaptativa (
Adaptive Management, AM).
Paso 2: Selección defnitiva de medidas do Plan.
Trátase
de realizar a selección das medidas máis robustas, eficientes e
efectivas desde os puntos de vista económico, social e ambiental, en
base aos resultados da priorización e deseablemente mediante un
proceso de toma de decisión consensuado e participativo con
distintos axentes, niveis e sectores da administración.