
É importante concibir a adaptación con perspectiva de proceso, e que por tanto non conclúe coa defnición dun cúmulo de accións ou medidas. Articular de forma coherente e robusta as mesmas a en o marco dunha estratexia ou plan é clave para unha implementación efectiva, que non debe ser illada nin realizarse á marxe das políticas e instrumentos xa existentes.
Obxectivos
• Articular a adaptación co resto de políticas municipais.
• Identificar e establecer os instrumentos adecuados para implementar a adaptación de forma efectiva evitando a “mala-adaptación” e xestionando as incertezas.
• Definir e levar a cabo un plan de acción robusto.
Paso 1: Planifcación da adaptación. Aspectos clave para a posta en marcha.
• Definición
do enfoque, natureza e alcance da estratexia ou plan de adaptación.
Tal e como se menciona na introdución, estas poden desenvolverse de
forma autónoma e con entidade propia; poden incorporar en gran
número de políticas municipais de forma transversalizada; ou tamén
desenvolverse no marco doutra política con vocación transversal
como o urbanismo ou a Axenda 21 Local. Este é un aspecto que aínda
que sexa abordado na Fase 1 de preparación do proceso, agora é
cando debe concretarse finalmente.
• Definición
dunha folla de roteiro de adaptación.
• Un
último aspecto de certa relevancia nas follas de roteiro é a
detección de forzas motrices e factores que condicionan o proceso
favorecendo ou entorpecendo a implementación das medidas de
adaptación, de maneira que podamos actuar sobre eles ou xestionalos.
Algúns exemplos poden ser a existencia de confl ictos ambientais, o
marco legal de carácter supramunicipal, convenios con outras
administracións, etc.
Paso 2: Deseño da adaptación.
• Deseño
das medidas, a través da realización de estudos e proxectos,
detallando solucións, tecnoloxías, recursos, orzamentos,
cronograma, etc. de cada medida de adaptación de forma previa á súa
posta en marcha.
• Identificación
de mecanismos necesarios para a súa posta en marcha: financeiros,
normativos ou regulatorios, redes ou grupos de traballo, programas
de investigación e desenvolvemento, etc.
Poden estar asociados á detección de forzas motrices e factores que condicionan o proceso mencionados na fase anterior.
• Incorporación
da adaptación ao cambio climático nas políticas e instrumentos de
planificación existentes (por exemplo Axenda 21 Local, plan
urbanístico, etc.).
• Desenvolvemento
de novos instrumentos para o desenvolvemento da folla de roteiro (por
exemplo, plans de emerxencia, plans integrais de xestión da demanda
de auga, etc.).