Salta al contenido principal

PROGRAMACIÓN E AVALIACIÓN APLICADAS Á XESTIÓN CULTURAL, DEPORTIVA E OCIO. RECURSOS DA PROGRAMACIÓN CULTURAL, DEPORTIVA E OCIO

2. AVALIACIÓN

Toda actividade que se planifique deberá contemplar un sistema de avalicación ou seguemento para a análise posterior de resultados obtidos, que nos permitan unha mellora continua e la introdución de elementos correctivos que contribúan á maior satisfacción das persoas destinatarias das actividades previstas.

 

Items sobre os que será axeitado facer seguemento, avaliar para unha adecuada valoración e validación das accións:

 

-          Predominio dos obxectivos educativose sociais nas actividades sobre a tendencia mercantilista da oferta e demanda.

-          Consolidar a vinculación da cidadanía á práctica físico-deportiva, cultural e de ocio e intentar chegar a porcentaxes que ronden o 70% da poboación, fundamentado todo elo na consolidación de hábitos de conducta saúdabeis.

-          Avaliación do incremento dos recursos económicos, tanto por unha redistribución efectiva interna da Administración Pública, como polo incremento de inversión do sector privado e maior participación do/a usuario/a nos niveis de financiación dos servizos.

-          Análise da consolidación do marco profesional con relación á necesidade  de uns recursos humanos especializados.

-          Avaliación do incremento da oferta de servizos, pero non só na prestación dos mesmos. É dicir, no só de maneira cuantitativa, senón tamén que se aumente en calidade e diversidade.

-          Análise do proceso de reciclaxe das entidades actuais cara  modelos máis estruturados nos niveles de xestión. Será preciso tamén a actualización urxente dos obxectivos e estruturas do modelo de organización deportiva federada.

-          Seguemento da consolidación de certos espectáculos culturais, deportivos e de ocio nun entorno de oferta e demanda de mercado.

-          Seguemento da participación do sector privado na execución e xestión dos servizos, que se incrementará en tódolos aspectos, con unha importante participación administrativa de cara ó control, equilibrio e tutela doss principios básicos dun servizo de interese público.