Os expertos coinciden en sinalar a Revolución Industrial como o punto de inflexión no que as emisións de gases de efecto invernadoiro lanzadas á atmosfera empezaron a dispararse. Hai que lembrar que a Revolución industrial naceu doutras moitas pequenas revolucións: a agrícola, a tecnolóxica, a demográfica, de medios de transporte, finanzas… que deron lugar a un novo modelo de produción e consumo.
Dende ese momento, o crecemento da poboación (en 1750 había menos de 800 millóns de habitantes na Terra, hoxe somos máis de 7.500 millóns), un consumo de recursos cada vez máis desmedido, o aumento na demanda e produción de enerxía obtidas maioritariamente a través de combustibles fósiles… provocaron que o planeta entrase no que parte da comunidade científica denomina o Antropocentro: a nova era xeolóxica motivada polo impacto do ser humano na Terra.
O principal resultado foi o aumento da temperatura global do planeta, que desde ese período aumentou en mais dun grado, aínda que se estima que ao final do presente século o termómetro poida aumentar aínda máis aínda cumpríndose os compromisos de redución de emisións fixados polos países.
Vídeo recomendable sobre quencemento global:
https://climate.nasa.gov/climate_resources/139/video-global-warming-from-1880-to-2020/