Skip to main content

Marco conceptual e situación do cambio climático

6. Contexto internacional

6.1. Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático

As Nacións Unidas está á vangarda dos esforzos para salvar o noso planeta. En 1992 o Cume para a Terra deu lugar á Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático ( CMNUCC) como primeiro paso para afrontar este enorme problema. O obxectivo final é previr unha interferencia humana "perigosa" no sistema climático.