Salta al contenido principal

Marco conceptual e situación do cambio climático

7. Contexto europeo

7.3. Obxectivo de neutralidade climática para 2050

En decembro de 2019, os dirixentes da UE referendaron o obxectivo de alcanzar unha UE  cli- máticamente neutra de aquí a 2050.

  • Lei Europea do Clima

Uno dos elementos do Pacto Verde Europeo, a Lei Europea do Clima, ten por obxecto fixar na lexislación o obxectivo dunha Europa  climáticamente neutra de aquí a 2050. Os ministros de Medio Ambiente da UE alcanzaron un acordo acerca dunha orientación xeral sobre a proposta de Lei Europea do Clima que inclúe un novo obxectivo da UE de redución das emisións de gases de efecto invernadoiro para 2030 do 55 % como mínimo respecto de 1990, seguindo as orientacións do Consello Europeo dos días 10 e 11 de decembro de 2020.