Salta al contenido principal

Marco conceptual e situación do cambio climático

1. A gran pregunta. Que é o cambio climático?

Existe un gran descoñecemento do que é o cambio climático en realidade, ben por exceso de información, inexactitude nas fontes ou por desinformación interesada, o que dá orixe a unha serie de falsos mitos sobre o cambio climático.
 
Abordaremos desde un punto de vista obxectivo e científico que é o cambio climático, cales son as súas causas, as súas consecuencias e como nos afecta o cambio climático.
 
En primeiro lugar é necesario aclarar dous conceptos que, aínda que están estreitamente relacionados, con frecuencia tómanse de maneira errónea como sinónimos: o cambio climático e o quecemento global.
 
Existe unha importante diferenza, e é que o quecemento global é a causa do cambio climático, é dicir, o aumento da temperatura do planeta provocado polas emisións á atmosfera de gases de efecto invernadoiro derivadas da actividade do ser humano, están a provocar variacións no clima que de maneira natural non se producirían.
 
A Terra xa se quentou e arrefriou noutras ocasións de forma natural, pero o certo é, que estes ciclos sempre foran moito máis lentos, necesitando millóns de anos, mentres que agora e como consecuencia da actividade humana, estamos a alcanzar niveis que noutras épocas trouxeron consigo extincións en apenas douscentos anos.