
Os obxectivos principais cando programamos ou planificamos actividades de deporte, culturais, de disfrute do ocio, aínda que están directamente vinculados con creación artística, a divulgación e promoción dos significados e valores culturais, deportivos, sociais, a preservación da memoria colectiva e a conservación dos bens culturais en xeral, varían en función da natureza xurídica (pública/privada) da organización da que se trate, diferenciando a grandes trazos:
No sector privado o obxectivo predominante será, en principio, a rentabilidade, aínda que esto non sempre é así, xa que ás veces a xestión de estas actividades forma parte de unha estratexia máis ampla, como por exemplo as fundacións das entidades financeiras ou os fins sociais no caso de organizacións non gubernamentais.
Para as administracións públicas o obxectivo prioritario pasa por fins sociais relacionados cos dereitos e deberes culturais, deportivos, de ocio,… é dicir, garantir a calidade e a accesibilidade do ben ou servizo que ofrecen para toda a sociedade.
Existen tamén organizacións con obxectivos mixtos que unen rentabilidade e accesibilidade social, como por exemplo un espazo de titularidade pública xestionado por unha sociedade privada.