
A continuación enuméranse as principais características que dende unha administración pública se perseguen a través da xestión e planificación de actividades culturais, deportivas e de ocio.
- Accesíbel a tódalas persoas e de carácter voluntario.
- Existe unha gran variedade acorde a persoas de distintas idades, gustos e preferencias.
- Xeran un sentido de pertenza entre os membros que comparten unha determinada actividade.
- Relaciónanse con estados de vida saudábeis, tanto para o corpo como para a mente.
- Son variadas e acordes a cada sociedade, cultura, idade, colectivo, cultura, entorno.
- Xeran entornos de desfrute, relaxación e amizade.
- Poden estar unidas a festas tradicionais, festividades propias da zona, eventos ou novas iniciativas.
- Adoitan ter unha constancia, realizarse nunha data determinada ou época especial que as converta en unha tradición a perpetuar de xeración en xeración.
- Contribúen á cohesión das sociedades nun afán de mellora continua, de intercambio con outras sociedades e de transmisión de coñecemento, valores e tradición.
- Melloran a condición física, a axilidade, destrezas, desenvolvemento de aprendizaxes teóricos, técnicos e tácticos.
- Preveñen a aparición de patoloxías e contribúe ó noso benestar xeral, favorecendo a socialización e xerando placer.
- Despertan o espírito de superación e mellora.
Algúns exemplos de actividades culturais, deportivas e de ocio, nalgúns casos, por non dicir en todos, as tres actividades van moi unidas. En moitas actividades culturais están presentes o deporte e o ocio e, por suposto tamén ocorre á inversa.
· Desfiles de entroido/ Desfiles tradicionais – Nadal, Semana Santa...-
· Competicións/ Campeonatos/ Concursos: deportivos, de baile, poesía, debuxo, canción.
· Festas gastronómicas/ Eventos culinarios.
· Cine ó aire libre/ Obras de teatro/ Festivais musicais/ Corais, bandas, centros de baile.
· Exposicións.
· Biblioteca móbil/ Contacontos.
· Feiras: gastronómicas, de maquinaria, de artesanía, deportivas, tradicións populares.
· Deportes: extremos (parapente), con animais (hípica), con elementos (surf, badminton, tenis) de motor (motocros) de equipo (fútbol, baloncesto) de combate (boxing) mentais (xadrez), de neve (esquí), de desprazamento (parkour).
· Aprender un idioma novo.
· Adquirir habilidades manuais como: tecer, debuxar, pintar, esculpir, tocar un instrumento musical.
· Rutas turísticas, culturais, sendeirismo, ecorutas, rutas gastronómicas.