Salta al contenido principal

INTRODUCIÓN E ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DE PROGRAMACIÓNS CULTURAIS

1. XESTIÓN E PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS E DE OCIO

1.5. ASPECTOS A TER EN CONTA NA XESTIÓN DE ACTIVIDADES

  • Aspectos legais da Comunidade Autónoma.
  • Política de programación de actividades, planificación, prioridades, calendarios de execución máis axeitados en función do colectivo e as actividades. A modo de exemplo convén un desenvolvemento por cada grupo:


  • o   Política de tratamento do Deporte, a Cultura e o Ocio Escolar.
  • o   Política de tratamento do Deporte, a Cultura e o Ocio para a Xuventude.
  • o   Política de tratamento do Deporte, a Cultura e o Ocio para a Familia.
  • o   Política de tratamento do Deporte, a Cultura e o Ocio para a Terceira Idade.
  • o   Política de tratamento do Deporte Federado.


  •  Obxectivos e resultados esperables.
  • Medios materiais en canto a infraestructuras municipais e non municipais.
  • Medios humanos.
  • Medios económicos, orzamento dispoñible para a actividade.
  • Asociacionismo existente e ámbito de actuación: cultura, deporte, ocio.
  • Tecido empresarial e profesional.
  • Análise da distribución da población por tramos de idade, acceso ás actividades, dispoñibilidades e intereses.
  • Planificación da difusión, márketing, medios de promoción, sensibilización e información das actividades.
  • Obligación de dispoñer dunha póliza de seguro de responsabilidade civil para o evento ou actividade concreta, independentemente da que se teña contratada polo establecemento ou espazo aberto ó público onde se realice a actividade.
  • Dependendo do tipo de evento, espectáculo ou actividade teranse en conta os aspectos relacionados con cuestións relacionadas con: o dereito de admisión, regulación e servizo de control de acceso, servizos de vixilancia e seguridade, 

    protección das persoas menores de idade, así como a información ó público que deberá dispoñerse en lugar visible e perfectamente lexible, alomenos nos dous idiomas oficiais de Galicia relacionados con: número de teléfono, dirección postal ou correo electrónico a efectos de reclamacións ou peticións de información, horario de apertura e peche, copia da licenza  municipal de apertura – se fose esixible-, aforo máximo, existencia de follas de reclamacións, limitacións de entrada e prohibición de consumo de alcohol e tabaco a persoas menores de idade, condicións de admisión e normas particulares, se fora necesario.