Salta al contenido principal

PROXECTOS DE ANIMACIÓN CULTURAL, DEPORTIVA E OCIO: DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE ANIMACIÓN CULTURAL, DEPORTIVOS E DE OCIO. REDES ASOCIATIVAS CULTURAIS, DEPORTIVAS E DE OCIO

3. A ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL

A animación existe desde o nacemento da civilización, con nomes diferentes e baixo distintas formas. ¿Acaso non contamos sempre coa presenza de actividades que nos proporcionaron disfrute? Cando no Antigo Exipto organizaban os seu grandes banquetes, realizaban pelexas de loita libre ou xogaban a xogos de estratexia, ¿non buscaban o pracer de participar ou observar estas actividades? ¿Non perseguían o mesmo obxectivo os romanos cando levaban a cabo eses grandes eventos circenses ou espectáculos nos anfiteatros?

A primeira vez que se utiliza o termo “animación” é no ano 1955 en Austria durante unha reunión organizada pola UNESCO, aínda que onde adquire carta de natureza é na Francia da década dos sesenta (López y Salas, 1988). A finalidade principal da animación en este país trala 2ª Guerra Mundial, foi a de dotar dun sentido de comunidade a unha poboación fragmentada pola contenda.

A UNESCO define a animación sociocultural como “o conxunto de prácticas sociais que teñen como finalidade estimular a iniciativa e a participación das comunidades no  proceso do seu propio desenvolvemento e na dinámica global da vida sociopolítica na que está integrada”



A pesar de que o termo expandeuse a estados con influenzas francófonas, non ocurreu así en países anglosaxóns, onde se utiliza a palabra sociocultural community development.”

A animación sociocultural é diferente á educación popular. Esta última nace a finais do século XIX ligada a ideoloxías políticas que pretendían a democratización da cultura escolar, surxindo así universidades populares, institutos de cultura popular, etc. A  educación permanente e a de adultos son outros exemplos da súa finalidade e do entorno escolar no que se leva a cabo. Pola contra, a animación sociocultural está orientada a grupos e non a individuos aislados. Insértase na propia cultura do colectivo e utiliza as actividades educativas e culturais como medio para a emancipación persoal, grupal e social.

A animación sociocultural e de ocio teñen, á súa vez, asociada dous conceptos: o de democratización cultural e o de democracia cultural. O primeiro refírese á intención de facer chegar á maioría da poboación os coñecementos e valores culturais elaborados e desfrutados históricamente por unha minoría culta. O segundo, e en relación co anterior, pretende que colectivos cada vez máis amplos participen na creación e formulación dos valores e actividades culturais que lles concirnen e que lles afectarán 

no futuro. O/a animador/a deberá, polo tanto, cumprir esta doble función, por un lado poñer os seus coñecementos e habilidades ó servizo das persoas participantes, e por outro implicar directamente ó grupo na toma de decisións, facilitando así a súa propia autonomía.

O animador deportivo é aquel profesional que desempeña unha función dinamizadora, formativa e socializadora, tanto nun contexto individual como grupal. Non se dedica en exclusiva a unha poboación determinada, polo que debe posuir recursos e coñecementos suficientes para atender a todos e cada un dos colectivos cos que traballe. A súa labor no ámbito do grupo trata de conseguir o máximo crecimento da persoa a través de dinámicas que requiran unha relación e colaboración cos demáis como medio para alcanzar un desenvolvemento social global