
O mundo da xestión no ámbito da cultura, o deporte e o ocio supón enfrentarse a continuos retos.
Non importa se nos movemos no ámbito público ou privado, resulta imprescindible planificar cal é a nosa posición no mercado e a onde queremos chegar. Non importa se os beneficios se ven en termos sociais ou en termos de rentabilidade económica ou ambos simultaneamente; no actual mercado temos que saber cal é o noso posicionamento, cales os nosos obxectivos e como os acadaremos cos recursos e as limitacións das que partimos, como xa apuntamos en capítulos anteriores.
Dentro da planificación e a análise, unha parte fundamental estará vinculada ó marketing.