4. A DIFUSIÓN
4.1. A PUBLICIDADE
A publicidade da celebración ou actividad pública/recreativa/cultural/deportiva/ocio,
que que se realice deberá axustarse ós principios
de veracidade, transparencia e suficiencia, non deberá conter informacións
que induzan ó equívoco ou poidan distorsionar, discriminar a capacidade electiva
das persoas destinatarias.
Algunhas
das cuestións mínimas que deberá
contemplar, gardará relación cos seguintes contidos:
- Clase de
actividade ou espectáculo.
- Data, horario,
lugar das actividades.
- Prezo das
entradas e lugares de venta, se fora o
caso.
- Condicións de admisión.
- Normas
particulares ou instruccións para o normal desenevolvemento. (por exemplo
normas vinculadas a restriccións
COVID19)
- Denominación,
datos de contacto da entidade organizadora.
- Non se pode
promocionar nin publicitar ningunha cuestión ou actividade que incite á violencia,
racismo, machismo, negacionismo, discriminación por razón de identidade de xénero
ou opción sexual, consumo irresponsable de alcohol ou atente contra o benestar
animal ou faga apoloxía de actividades contrarias ós dereitos fundamentais e libertades
públicas reconocidas pola Constitución e por tratados internacionais
ratificados polo Estado español.
- As empresas de
publicidade ou artes gráficas que interveñan na confección de publicidade
(tanto en papel como en formatos dixitais ou calquera outro tipo) deberán xustificar
ante a Administración, cando fosen requeridas para elo, os datos
identificativos das empresas contratantes da publicidade.
- A publicidade dos
espectáculos e actividades públicas deberán respetar os principios e normas
contidas na normativa vixente en materia de drogodependencia, trastornos
adictivos e consumo de sustancias estupefacientes.
- As Administracións
públicas galegas promoverán o uso da lingua galega e o respecto pola normativa
en materia de toponimia na publicidade das actividades públicas que organicen.
