Salta al contenido principal

IMPACTOS DO CAMBIO CLIMÁTICO NOS CONCELLOS

2. Avaliación xeral dos impactos, vulnerabilidades e medidas de adaptación ao cambio climático

2.3. Zonas costeiras

A costa é unha complexa zona moi dinámica onde suceden numerosos procesos físicos, químicos e biolóxicos e interactúan fluxos provintes de terra, o océano e a atmosfera. O impacto do cambio climático sobre ela pode ter consecuencias de gran relevancia. En España, a costa alberga elevados valores ambientais e mantén unha serie de actividades económicas de notable importancia, entre as que destaca o sector turístico (na actualidade, a franxa costeira recibe o 80% do turismo en España, o que representa un alto porcentaxe socioeconomico destas zonas) , o transporte marítimo, pesca -marisqueo, ...

 

Entre as presións do cambio climático e os seus posibles impactos no medio físico costeiro poden citarse as seguintes: un aumento do nivel do mar pode producir inundación, erosión costeira, aumento da  intrusión  salina e perda de humidais costeiros; un aumento da temperatura da auga do mar pode conducir a cambios no sistema circulatorio e ao aumento das proliferacións de algas; unha variación na ondada pode dar lugar a importantes cambios nos procesos de erosión costeira, formas das praias ou perda da funcionalidade e estabilidade de obras marítimas.

 

En termos xerais, o nivel do mar veu aumentando globalmente no mundo entre 1961 e 2010 cunha taxa media de 1.8±0.5 mm/ano, aínda que con importantes diferenzas rexionais. En España os datos dispoñibles indican que o nivel do mar aumentou no norte da península, durante a segunda parte do século  XX, entre 2 e 3 mm/ano. As tendencias observadas no Mediterráneo son algo menores.

 

As proxeccións futuras de elevación do nivel medio do mar en España, para o horizonte do ano 2050, dan un valor mínimo de 15 cm., en consonancia coas  magnitudes sinaladas no Quinto Informe de Avaliación do  IPCC.

 

Ademais, observouse durante os últimos 50 anos un aumento importante da altura de onda nas fachadas cantábrica e galega, cambios na dirección da ondada en parte dos arquipélagos e de forma moi marcada no norte de Cataluña. O clima marítimo xeneral tende a suavizarse na zona de Cádiz.

 

Da análise realizada, prevese para 2050 un aumento moi probable da cota de inundación en toda España especialmente na cornixa galega e norte de Canarias con valores de ata 35 cm e de 20 cm no litoral mediterráneo, conducindo a un maior risco de eventos de inundación. O aumento do nivel do mar producirá ademais un retroceso das praias con valores probables de ata 15  m en Canarias, Huelva e Cádiz. Con todo, os cambios observados na dirección da ondada poden dar lugar a danos máis severos sobre as praias especialmente na Costa Brava, Illas Baleares e sur de Canarias onde poden chegarse a alcanzar retrocesos de ata 70 m.

 

En canto á funcionalidade das obras marítimas obtívose que é extremadamente  verosímil que o pase da ondada sobre a coroación das obras marítimas aumente entre un 75 e un 100% coa consecuente redución de operatividade nalgúns dos portos. Analogamente, na maior parte do Cantábrico é probable que sexa necesario aumentar o peso das pezas que garanten a estabilidade dos diques entre un 10 e un 25%. Este problema é especialmente relevante en parte das illas Canarias.

 

A modo de exemplo, os seguintes mapas recollen a variación anual da cota de inundación e o retroceso da liña de costa ao longo das costas españolas para o ano 2050:


Variación anual en mm e probabilidade asociada da cota de inundación no litoral español ata o ano horizonte 2050.


 

Variación anual en cm e probabilidade asociada do retroceso da línea de costa por aumento do nivel do mar no litoral español ata  o ano horizonte 2050.

Entre as accións que se propoñen para facer fronte ao cambio climático considéranse: a avaliación detallada a escala local, cualitativa e cuantitativa, da vulnerabilidade das zonas costeiras: as estratexias de retroceso (abandono de áreas altamente vulnerables, recolocación das infraestruturas, cultivos, actividade industrial e poboación directamente afectada, etc.), de adaptación (conservación do ecosistema costeiro en consonancia cunha ocupación e uso racional de áreas vulnerables) e de protección (defensa de áreas vulnerables baseada en infraestruturas de defensa de tipoloxías ríxidas e/ou tipoloxías brandas). A aplicación dunha xestión integrada da zona costeira que inclúa de forma explícita o cambio climático é a mellor estratexia para facer fronte ao mesmo.


Ver a seguinte infografía: https://www.adaptecca.es/microsites/costas/

 

Para descargar cartografía de Galicia relacionada por exemplo con zonas inundables:

http://mapas.xunta.gal/visores/dhgc/