Skip to main content

POLÍTICAS E PLANS DE ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO.

6. A pegado do carbono

6.9. Seccións: sección B

SECCIÓN B

SECCIÓN DE PROXECTOS DE ABSORCIÓN DE DIÓXIDO DE CARBONO

TIPOLOXÍAS DE PROXECTOS:

Os proxectos de absorción clasificanse segundo tipoloxías.

TIPO A: repoboacións forestais con cambio de uso de chan. Realízase unha actuación co fin de establecer un bosque nun terreo que non é forestal arborado, polo menos desde o 31 de decembro de 1989 ata o momento da actuación, cando pasa a ser un bosque.


TIPO B: actuacións en zonas forestais incendiadas para o restablecemento da masa forestal existente.

Mediante intervención humana directa, a través da plantación, seménteira e/ou o favorecemento de fontes de sementes naturais, para restablecer a condición previa de bosque en dita superficie.




CÁLCULOS DAS ABSORCIÓNS DE CO 2

O Rexistro conta cunha metodoloxía de uso obrigatorio para os cálculos de absorcións.

Distínguense:

CÁLCULO EX POST: en base a datos reais da masa nun momento concreto. Permite coñecer a estimación das absorcións que o proxecto xerou ata o momento do cálculo.

CÁLCULO EX ANTE: cálculos a futuro en base a estimacións do crecemento das especies para o período de permanencia. Coñécense con antelación as absorcións que se espera xere o proxecto.