Skip to main content

GUÍA PARA A ELABORACIÓN DE PLANS LOCAIS DE ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO

4. Enfoque

Nos sistemas humanos, a adaptación busca moderar o dano ou explotar as oportunidades que se deriven dos cambios. Nos sistemas naturais, a intervención humana pode facilitar a adaptación ao clima para os efectos esperados.

Con estas guias respóndese á crecente importancia e consideración da adaptación por parte das administracións públicas, os sectores económicos e a sociedade en xeral, así como o papel fundamental que teñen que xogar os municipios.

O termo “adaptación” fai referencia ao conxunto de accións conscientes e planificadas, de carácter proactivo e anticipatorio, baseadas en evidencias científico-técnicas e nun proceso de decisión política deliberado e consensuado, desenvoltas co obxecto de facer fronte aos efectos do cambio climático, que inclúen todas as medidas destinadas a minimizar os impactos e explotar as oportunidades deste fenómeno.