Os sistemas de climatización son un dos principais elementos no consumo de enerxía das instalacións. Representan aproximadamente o 65% do gasto enerxético dun edificio. A cantidade de enerxía necesaria para dispor de confort térmico nun edificio dependerá de distintos factores: deseño do edificio, orientación, illamento, do tipo de equipo de climatización e as posibilidades de control do mesmo e, en gran medida, da conciencia e hábitos dos usuarios.
En días fríos: Portas e xanelas cerradas, reducindo o tempo de ventilación. Manter a Temperatura Interior: 20-23 ºC.
En días cálidos: Portas e xanelas abertas nos momentos que a temperatura exterior sexa inferior a 25 ºC. Manter a Temperatura Interior: 23-25 ºC
Algúns exemplos de recomendacións:
- Usar dispositivos de climatización nos rangos de óptimo confort para os usuarios.
- Apagar os equipos de climatización cando se abran as xanelas da estancia.
- Establecer un horario de funcionamento da instalación de climatización acorde co uso do edificio.
- Apagando os aparellos eléctricos que non se estean utilizando (lámpadas, computadores, impresoras, etc.) reduce a calor xerada no interior das oficinas.
- Adquirir equipamentos máis eficientes enerxéticamente, de clase “A”, que disipan menos enerxía.
- Colocar adhesivos en lugares visibles sinalando as temperaturas máis axeitadas, así como outras mensaxes recordatorios.
- Reducir as correntes entre as xanelas e as portas, instalando burletes para que pechen herméticamente.