Salta al contenido principal

GUÍA PARA A ELABORACIÓN DE PLANS LOCAIS DE ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO

7. Recomendacións para loitar contra o cambio climático nos concellos

7.4. Compra pública e sostible

O volume de contratación e compra da Administración Pública en España supón un 18% do noso PIB. 

Por tanto, si esta contratación e compra se realizáse fixando criterios ambientais, éticos, sociais, etc. Para estas empresas e organizacións coas que leve a práctica, sería un potente motor de cambio cara a unha sociedade máis xusta, equitativa e sostible. 

A compra pública sostible (CPS) é un instrumento que nos axuda a loitar contra a deforestación, a emisión de gases de efecto invernadoiro (GEI), o consumo de auga e enerxía, a xeración de residuos ou a contaminación do medio, aforrando recursos económicos e outro tipo de recursos ao considerar o ciclo de vida dos produtos. 

As políticas sobre CPS poden mellorar os servizos públicos, e por tanto a calidade de vida (p.e. transporte público máis limpo, menor uso de químicos tóxicos, etc.). Os Gobernos Locais son importantes consumidores de bens e servizos cuxo ciclo de vida leva implícito a emisión de GEI, polo que modificando as súas pautas de consumo poden lograrse importantes avances en materia de redución de emisións.

Algúns exemplos de recomendacións:

- Valorar positivamente a empresas que teñan implantados sistemas de xestión ambiental, ou ben códigos de boas prácticas ambientais que minimicen o impacto da súa actividade sobre o medio ambiente.

- Comprar e/ou arrendar vehículos con baixo consumo enerxético, baixas emisións de CO2 e outros gases de combustión e pouco ruidosos.

- Xestionar correctamente os residuos ofimáticos (reutilización, reciclado).

- Adquirir modelos de baixo consumo.

- Elixir produtos e materiais con embalaxes mínimas para reducir a xeración de residuos.