Skip to main content

GUÍA PARA A ELABORACIÓN DE PLANS LOCAIS DE ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO

7. Recomendacións para loitar contra o cambio climático nos concellos

7.12. Cidadanía

Os Gobernos Locais non teñen un control directo sobre os grandes focos emisores de GEI, pero teñen unha corresponsabilidade nestas emisións, non só por ser eles mesmos responsables dunha parte das mesmas, senón tamén debido a que, pola súa proximidade á cidadanía, poden promover un cambio nos hábitos para reducir as emisións procedentes de fontes difusas. 

Calcúlase que estas fontes son responsables de case o 50% das emisións de GEI en España. É importante elaborar un plan de participación e sensibilización cidadá para lograr a implicación da cidadanía.

Algúns exemplos de recomendacións:


- Informar á cidadanía das liñas de subvención dispoñibles para a instalación de enerxías renovables.

- Difundir e promover prácticas de agricultura para a conservación das propiedades do chan, especialmente o seu contido en carbono, incluíndo as de prevención á erosión.

- Difundir os previsibles impactos do cambio climático en agricultura e gandería existentes no municipio.